Biografía e contexto histórico de Platón
Contexto histórico e primeiros anos de Platón
Nace e morre en Atenas nos anos reseñados. É moi a ter en conta que Platón vive 80 anos, o que lle permite coñecer unha extensa etapa da Historia de Grecia.
O seu nacemento ten lugar na denominada Época clásica e nun momento de esplendor da Cidade-Estado de Atenas, gobernada por Pericles, quen lideraba unha confederación de polis (a Liga de Delos) e deu un grande impulso ás artes e á cultura.
Esta situación de Atenas foi clave na formación do pensamento de Platón, porque permitía elaborar sistemas filosóficos globais e porque era unha época de gran debate e preocupación política que permitía formular sistemas políticos e morais para gobernar ao conxunto da polis.