Nova Narrativa Galega: Modernización da Prosa Galega nos Anos 50
Nova Narrativa Galega: a modernización da prosa galega
Na primeira metade da década dos 50, un grupo de escritores iniciou un proceso de modernización da prosa de ficción en galego, renovando tanto a súa temática como a súa forma e incorporando tendencias que se viñan manifestando desde comezos do século XX na literatura universal. O obxectivo de actualizar a prosa galega foi asumido por un conxunto de autores, a maioría deles universitarios, cuxa obra se enmarcou na Nova Narrativa Galega.
Trazos comúns dos autores
Malia non se tratar dun colectivo homoxéneo, presentan algunhas características e actitudes comúns:
- Compromiso político e oposición ao réxime franquista.
- Afinidade ideolóxica co pensamento político nacionalista de esquerdas.