Proteínas: son biomoléculas orgánicas formadas por aminoácidos.
Transcrición: sucede no núcleo e consiste en facer unha copia do segmento do ADN que se pasa á molécula do ARN.
Tradución: mediante a orde dos aminoácidos unidos, fabrícase a proteína correspondente. Isto ocorre nos ribosomas do citoplasma.
Mutación: é un cambio súbito e aleatorio na información que contén o ADN.
Mutáxenos: son substancias que estimulan unha mutación (axentes radiantes e substancias químicas).
Xene: é un segmento de ADN que contén información para construír unha proteína concreta que, á súa vez, controla a aparición dun determinado carácter.
Secuenciar un xenoma: é determinar a orde exacta na que se encontran os nucleótidos do ADN.
Biotecnoloxía: é a aplicación tecnolóxica que utiliza as células vivas ou os seus produtos con finalidades comerciais ou industriais.
Xenes e tipos de ARN
Funcións dos xenes: levar a información hereditaria ou xenética, controlar a aparición dos caracteres e pasar a información dunha célula ás súas células fillas.
Tipos de ARN: ARN ribosómico, mensaxeiro e de transferencia.
Enxeñaría xenética
Enxeñaría xenética: é o proceso polo cal se pode reproducir algunha molécula de ADN.
ADN recombinante: é o ADN formado pola unión de secuencias de ADN que proceden de dous organismos distintos.
Terapia xénica: técnica que se aplica na medicina para curar ou aliviar enfermidades substituíndo o xene responsable dunha doenza polo seu alelo normal.
OMX: os organismos modificados xeneticamente; é dicir, organismos cuxo xenoma se transforma mediante a enxeñaría xenética. Os OMX poden ser organismos procariotas ou eucariotas, denominados organismos transxénicos.
Etapas da enxeñaría xenética:
Localizar o xene que se desexa transferir.
Illar o xene.
Introducir o xene noutro ADN que actúa como vector ou vehículo (o ADN resultante é un ADN recombinante).
Introducir o ADN recombinado nunha célula receptora.
Confirmar que a célula receptora é capaz de traducir a mensaxe contida e fabricar a proteína.
Clonar o xene deixando que as bacterias se multipliquen.
Reacción en cadea da polimerase (PCR)
PCR: é a reacción en cadea da polimerase, unha técnica empregada para producir de maneira rápida millóns de copias de fragmentos de ADN.
Pasos da PCR:
Colócase nun tubo un fragmento de ADN, nucleótidos e a molécula que os pon no seu sitio (polimerase).
Elévase a temperatura ata os 93-97 °C para separar as cadeas de ADN.
Baíxase a temperatura ata os 50-60 °C.
A cadea crece ata conseguir unha copia completa.
Utilidades da PCR: secuenciación do ADN, diagnóstico de enfermidades, identificación e análise de ADN e estudos relacionados coa evolución.