O galego no primeiro terzo do século XX: lingua, literatura e Ramón Cabanillas
O galego no primeiro terzo do século XX
As primeiras décadas do século XX, o galego é a lingua da gran maioría da poboación rural. O español é o idioma das clases urbanas acomodadas.
O proceso de castelanización increméntase porque o castelán é considerado unha lingua de promoción social e é a lingua escolar e da comunicación.
Neste período xorden iniciativas como as Irmandades da Fala, o grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que teñen como obxectivo principal a reivindicación da nosa lingua como medio natural de expresión en todos os ámbitos. Deste xeito, os usos cultos do galego vanse expandindo progresivamente.
A creación de editoriais, revistas e xornais tamén leva a un notable aumento da actividade literaria. Tamén...