O galego no primeiro terzo do século XX: lingua, literatura e Ramón Cabanillas

Gaztelania4,49 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

As primeiras décadas do século XX, o galego é a lingua da gran maioría da poboación rural. O español é o idioma das clases urbanas acomodadas.

O proceso de castelanización increméntase porque o castelán é considerado unha lingua de promoción social e é a lingua escolar e da comunicación.

Neste período xorden iniciativas como as Irmandades da Fala, o grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que teñen como obxectivo principal a reivindicación da nosa lingua como medio natural de expresión en todos os ámbitos. Deste xeito, os usos cultos do galego vanse expandindo progresivamente.

A creación de editoriais, revistas e xornais tamén leva a un notable aumento da actividade literaria. Tamén se escriben as primeiras obras de ensaio en lingua galega.

Defensa e modelo estándar

A defensa da lingua supuxo a necesidade de desenvolver un modelo estándar, capaz de superar as diferenzas locais. Os escritores intentan escribir un galego supradialectal, para marcar as diferenzas co castelán: prefiren empregar as voces diferencialistas e tamén abundan os hiperenxebrismos. Ademais, renovan o léxico incorporando arcaísmos.

Institucións e normativa

  • 1906: créase a Real Academia Galega. Tamén se escriben gramáticas e dicionarios.
  • 1936: apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, que defende a cooficialidade do galego e do español e reclama a presenza do idioma no ensino.

A Guerra Civil e a posterior ditadura franquista supoñen a paralización deste proceso de dignificación e normalización da lingua galega.

A literatura a comezos do século XX

Nas primeiras décadas do século XX, a literatura galega experimenta un notable crecemento. Incorpóranse novos xéneros e novas perspectivas. Cómpre destacar a creación de editoriais, revistas e xornais, que promoven a dinamización cultural de Galicia.

Etapas

  • Etapa anterior a 1916 (data de fundación das Falanxes): caracterízase pola continuidade das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimento. O xénero máis cultivado segue sendo a poesía, con temas íntimos, costumistas e paisaxísticos. Destaca a figura de Antonio Noriega Varela.
  • Etapa entre 1916 e 1936 (comezo da Guerra Civil): grazas ao traballo das Irmandades, o panorama literario cambia progresivamente coa incorporación de novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran desenvolvemento. Cultívanse a narrativa, o teatro e o ensaio. Ramón Cabanillas destaca neste período. Dentro das Irmandades xurdirá o grupo Nós, que continuará o traballo de difusión e reivindicación da lingua.

Ramón Cabanillas

Realiza estudos no Seminario Menor de Santiago. En 1910 emigra á Habana, onde publica os dous primeiros libros: No desterro e Vento mareiro. En 1916 regresa a Galicia e participa nas iniciativas políticas e culturais. En 1920 ingresa na Real Academia Galega e en 1929 na Real Academia Española. Despois da Guerra Civil volve escribir obras en galego.

A súa obra

É moi extensa e variada. A súa poesía caracterízase por conxugar a tradición literaria procedente dos escritores do século XIX:

  • Poesía cívica ou social: poemas de carácter agrarista e nacionalista.
  • Poesía intimista: temática amorosa e lembranza do pasado.
  • Poesía costumista: describe paisaxes e costumes.
  • Poesía narrativa: bregas de temática mítica e de reivindicación nacional.

Na noite estrelecida consta de tres sagas e recolle os temas da materia de Bretaña. As tres sagas desenvólvense en escenarios galegos: A espada de Escalibor, O cabaleiro do Santo Graal e O sono do rei Artur.

O bendito San Amaro narra os acontecementos principais deste santo. Samos trata da historia e da vida dos monxes deste mosteiro.

Teatro

As Irmandades da Fala deron importancia ao teatro:

  • A man de Santiña é unha comedia de tema amoroso.
  • O Mariscal é un drama en verso de intención política, onde Pardo de Cela é presentado como símbolo da resistencia galega fronte á política centralista dos Reis Católicos.

Deskargatu

PDF Word HTML