Arte Renacentista eta Barrokoaren Gako-Terminoen Glosarioa
Alegoría: representación plástica dunha idea mediante figuras que a simbolizan, por mor dunha analoxía convencional entre o concepto inmaterial e o obxecto material ó que se atribúe a significación.
Alto Renacemento
Alto Renacemento: período que comeza a finais do s. XV ou principios do XVI, cando xorde en Italia a conciencia de que os logros acadados nos anos anteriores demostraban que era posible comparar a época coa antigüidade clásica.
Balaustre
Balaustre: pequena columna curva ou perfilada que se emprega para decorar varandas.
Baleirado
Baleirado: técnica escultórica consistente na obtención dun molde oco do que se sacan as copias ó enchelo.
Casetóns
Casetóns: compartimento oco, xeralmente de forma cadrara, a modo de artesa invertida...