Arte Renacentista eta Barrokoaren Gako-Terminoen Glosarioa

Plastika eta arte hezkuntza3,99 KB

Alegoría: representación plástica dunha idea mediante figuras que a simbolizan, por mor dunha analoxía convencional entre o concepto inmaterial e o obxecto material ó que se atribúe a significación.

Alto Renacemento

Alto Renacemento: período que comeza a finais do s. XV ou principios do XVI, cando xorde en Italia a conciencia de que os logros acadados nos anos anteriores demostraban que era posible comparar a época coa antigüidade clásica.

Balaustre

Balaustre: pequena columna curva ou perfilada que se emprega para decorar varandas.

Baleirado

Baleirado: técnica escultórica consistente na obtención dun molde oco do que se sacan as copias ó enchelo.

Casetóns

Casetóns: compartimento oco, xeralmente de forma cadrara, a modo de artesa invertida ou troncopiramidal, co fondo decorado. Ensámblase con outros semellantes para formar unha cuberta ou artesoado.

Claroscuro

Claroscuro: arte de dispor nunha pintura o contraste de luces e sombras. Aplícase para destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro.

Composición pechada

Composición pechada: composición con poucas figuras distribuídas de xeito que configuran un espazo pechado, único entre elas. Un tipo sería a composición triangular, de influencia neoplatónica, característica do Alto Renacemento (Leonardo, Rafael...).

Escorzo

Escorzo: aplicación da perspectiva a un obxecto determinado. Modo de representar unha figura saínte do plano de fondo para crear liñas ou planos contrastados.

Forma serpentinata

Forma serpentinata: forma propia de moitas figuras humanas do Manierismo, que se caracteriza polo movemento xiratorio, envolvente, das cadeiras, os ombreiros e a cabeza, que se contrabalancean.

Grutescos

Grutescos: decoración miúda en pintura ou en relevo, combinando motivos vexetais con figuriñas de aspecto monstruoso que adoitan combinar formas humanas e animais.

Ignudi

Ignudi: nus masculinos, sobre todo en Miguel Ángel. Unha das moitas representacións que podemos atopar no teito da Capela Sixtina.

Lanterna

Lanterna: elemento arquitectónico, de planta circular ou poligonal, que remata unha cúpula ou unha torre co obxecto de iluminar, mediante os seus vans laterais, os espazos anteriores.

Orde colosal ou xigante

Orde colosal ou xigante: caracterízase porque as columnas teñen unha altura de máis dun piso do edificio. Propias de Miguel Ángel, podémolas ver nas fachadas da Basílica de San Pedro.

Putti

Putti: palabra italiana. Cativos. Xenieciños ou Cupidos infantís nus, característicos da arte renacentista ou barroca.

Técnica do non finito

Técnica do non finito: técnica empregada por Miguel Ángel que consiste en deixar a propósito algunhas formas das esculturas como inacabadas.

Terribilitá

Terribilitá: característica de Miguel Ángel. Fai referencia á potencia dramática que transmiten as súas esculturas, sobre todo nas expresións faciais, que se acentúan pola presenza dos seus membros en tensión.

Sfumato

Sfumato: difuminado. Pintura de contornos vagos e desdebuxados. Consiste en rebaixar os tons dunha composición para lograr, coa suavidade da factura, certo aspecto de vaguidade e distancia. Empregada por primeira vez por Leonardo da Vinci.

Veladura

Veladura: fina capa de cor translúcida aplicada a unha pintura xa seca, executada ó óleo ou ó temple. As diferentes capas aplicadas cun trapo ou coa punta dos dedos aumentan a sutileza do efecto, creando matices e sombras.

VdR

VdR: encargo da confraría milanesa da Inmaculada Concepción.

Deskargatu

PDF Word HTML