A poesía de fins do s. XX e comezos do XXI
Tema 10: A poesía de fins do s. XX e comezos do XXI
A partir de mediados dos anos 70 asistimos a unha ruptura das nosas letras en canto á diversidade temática, que se vai prolongar ata comezos do século XXI.
Características xerais
- Reflexión sobre a propia linguaxe poética.
- Apertura temática (primeiro cosmopolita e despois temáticas sociais).
- Aparición dun movemento en canto á presenza do «eu» poético.
- Incorporación de elementos procedentes das artes musicais e plásticas.
- Presenza destacada de mulleres escritoras.
Este período pode analizarse en tres momentos:
Primeira fase: cambio de rumbo
Supón o inicio do cambio de rumbo. A partir dos anos 80, prodúcese o abandono da poesía comprometida e búscanse novas pautas estéticas. Hai dúas obras fundamentais que marcan este cambio: Con pólvora e magnolias (de Xosé Luís Méndez Ferrín) e Herba de aquí e acolá (de Álvaro Cunqueiro).
A promoción dos 80
Trátase dun grupo de autores que participaban en revistas de expresión poética, premios literarios ou colaboraban en volumes colectivos. As características principais do grupo son: o formalismo, o esvaecemento do «eu» poético, a apertura temática e a aceptación do exemplo de Con pólvora e magnolias e Herba de aquí e acolá.
Principais tendencias e autores dos 80
- Estética formalista ou culturalista: Xosé María Álvarez Cáccamo (O lume branco), Xosé Manuel López Valcárcel (En voz baixa), Claudio Rodríguez Fer (Vulva), Ramiro Fonte (Adeus Norte), Miguel Anxo Fernán-Vello (Trópico de lúas), Manuel Forcadela (O regreso das ninfas) e Román Raña.
- Poesía da experiencia: Manuel Rivas (Mohicania) e Xavier Sánchez Iglesias (Mar do fin da terra).
- O experimentalismo: Vicente Araguas (Xuvia) e Vítor Vaqueiro (Traxectorias).
- Recuperación da voz feminina: Pilar Pallarés, Xela Arias (Tigres coma cabalos) e Ana Romaní (Palabra de mar).
A década dos 90 e os inicios do século XXI
Características comúns
Importante presenza de voces femininas que nos falan da súa experiencia, agrupamento en colectivos poéticos, procura de novos formatos para a difusión da poesía, preocupación pola linguaxe, achegamento a temas clásicos, aparición de novas coleccións de comunicación poética e aumento dos certames literarios.
Poetas e tendencias
- Poesía de transición: Gonzalo Navaza (con A torre da derrota) e Miro Villar.
- Poesía provocadora e contestataria: María Xosé Queizán (con Elas), Yolanda Castaño (con O libro da egoísta), Olga Novo (con A teta sobre o sol) e Chus Pato.
- Poesía do íntimo e o cotián: Fran Alonso e Estevo Creus.