Literatura oral, filtro ideolóxico eta biblioteca escolar berria
Nalgunhas versións orais primitivas do conto da Carapuchiña vermella, a nena consegue escapar do lobo valéndose da súa astucia. Como se explica que estas versións non chegasen maioritariamente a nós?
Porque a escritura funciona como filtro ideolóxico. Da literatura oral dun conto pode haber moitas versións distintas, pero ao pasar á escritura, só se transmite unha versión, e ademais é unha versión afectada e modificada pola proposta ideolóxica dominante. É unha versión que elimina todos os elementos subversivos e contrarios ás normas de conduta dominantes. Por isto, a variedade de xéneros, temáticas e ideoloxías da literatura oral viuse enormemente reducida pola presión da industria cinematográfica sobre o imaxinario colectivo.
A actualidade reproduce maioritariamente as versións dos irmáns Grimm e de Disney, porque son as reescrituras dominantes que se transmitiron co tempo ao ser a literatura escrita. Por ese motivo, non chegaron a nós esas versións primitivas de Carapuchiña. O papel da escola é transmitir a literatura de tradición oral e reflexionar sobre se estamos a transmitir iso ou as versións das ideoloxías dominantes.
O conto de Carapuchiña vermella é un claro exemplo do filtro ideolóxico. Vese na súa historia como foi cambiando o conto co paso do tempo, dependendo de quen o contara ou escribira. Vemos as diferenzas entre o conto de Perrault e o dos irmáns Grimm, pois cada un adaptou o conto tradicional á ideoloxía dominante do seu tempo. Así, o conto foise modificando e, nos nosos días, chegou unha versión moi distinta á orixinal, que se foi perdendo ao ser modificada co paso do tempo, ata chegar ás versións filmadas por Disney, que son as que predominan na actualidade.
Esta é a portada do álbum ilustrado Onde viven os monstros, de Maurice Sendak. Que se pode deducir do contido da historia a partir desta ilustración? Repara especialmente no aspecto dos personaxes e na súa linguaxe corporal.
Polo aspecto que teñen os personaxes, parece que os monstros teñen medo do neno disfrazado de monstro. Os monstros están como tapándose e mirando ao neno, polo que mostran a súa sensación de intimidación e medo cara ao neno. Mentres, o neno está en situación de dar medo, ensinando as garras, intentando asustar aos monstros e demostrar quen manda, pois leva unha coroa de rei.
A historia debe tratar de monstros que queren asustar ao neno, pero el supera os seus medos e asusta el aos monstros. O neno, ademais, como xa dixemos, leva unha coroa, polo que se debe converter no rei dos monstros.
As novas bibliotecas escolares: características e accións.
As novas bibliotecas escolares son espazos dinámicos, atraentes e integradores; reúnen cultura impresa e dixital; e ensinan ao alumnado a discriminar as fontes fiables das que non o son, a contrastar datos consultando fontes variadas e a valorar criticamente as informacións atopadas.
As súas accións son: proporcionar seleccións bibliográficas para as distintas áreas e materias; seleccionar materiais de calidade; deseñar accións para a formación de usuarios; implicar ás familias na formación dos novos lectores; organizar encontros con autores; realizar exposicións temáticas; propiciar actividades de lectura compartida; fomentar a realización de proxectos interdisciplinares e a súa exposición na biblioteca; diversificar os espazos para facilitar actividades diversas como a lectura informal, o traballo en grupo, a zona audiovisual, a zona de ordenadores, etc.; fomentar a lectura dentro dos centros; e facilitar o préstamo de libros ao alumnado.