Galiza eta Euskal Herria: Teatroa XX. mendearen lehen herenean eta exilioan
TEMA 4: O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS
Teatro nacionalista das Irmandades da Fala. A peza de Ramón Cabanillas A man de Santiña significou a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galego.
O teatro era o instrumento ideal para popularizar o ideario nacionalista:
Recreación de episodios singulares da nosa historia.
Reivindicación social.
Recuperación cultural.
Xorden novas formas: o drama simbolista, o teatro cómico e infantil, a comedia burguesa e a ópera.
Manuel LUGRÍS FREIRE.
Cofundador da Escola Rexional de Declamación, da RAG, das Irmandades ou do PG.
En A ponte (obra coa que se inaugurou a ERD), hai unha denuncia directa do caciquismo. Minia, O pazo ou Estadeíña. Teatro social e de tese con afán didáctico.
Ramón CABANILLAS.
Vinculado ás Irmandades. A man de Santiña, comedia burguesa, demostra que a lingua galega non desmerece calquera argumento.
O mariscal (en colaboración con Antón Vilar Ponte), traxedia histórica en verso sobre a figura de Pardo de Cela, símbolo da rebelión fronte a Castela.
ANTÓN VILAR PONTE.
Fundador das Irmandades. Pezas transmisoras do ideario galeguista, entre elas O mariscal, Tríptico, Os evanxeos da risa absoluta e Nouturnio de medo e de morte. Espallan a ideoloxía nacionalista.
Armando COTARELO VALLEDOR.
Dramas labregos: Trebón ou Lubicán. Ambiente mariñeiro: Beiramar. Comedia sentimental: Sinxebra. Traxedia histórica: Hostia. Ópera: Ultreya. Teatro realista.
Teatro de vangarda
RAFAEL DIESTE.
A fiestra valdeira, obra mestra. Conflito dun indiano que volve rico da emigración e enfróntase á vergoña que a muller e a filla senten pola súa orixe social, que falsifica simbólicamente a súa personalidade; ao final arrepíntense (actitude do protagonista a toda a sociedade galega). O drama do cabalo de xadrez.
Propostas do Grupo Nós para modernizar o teatro
Desvincularse da función propagandística.
A favor dos elementos poéticos e simbólicos.
Novas tendencias da dramaturxia europea: música, danza, pintura...
Vicente RISCO.
O bufón del El-Rei, marcada polo simbolismo. Unha raíña adúltera é delatada polo bufón, o amante resulta ser seu irmán e o bufón é defenestrado.
Otero PEDRAYO.
A lagarada, elementos simbolistas. O desengano do prioiro, alegoría da vida fronte á morte: vida = mundo tradicional e morte = mundo moderno.
Teatro de máscaras: vangarda expresionista.
CASTELAO.
Os vellos non deben de namorarse, sátira sobre o amor a destempo e o escarnio colectivo de tres vellos que pretenden a tres mozas. En cada lance vai un vello namorado dunha moza, un mozo e a morte. Outros personaxes fan o coro da traxedia clásica grega e expresan a opinión do pobo. Epílogo: vellos mortos comentando os enganos das mozas. A obra é un logro estético: escenografía, iluminación e movemento dos personaxes no escenario.
TEMA 8: O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1976: A XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO DE RIBADAVIA
Cara a fin dos 40 abandónase o costumismo. E no 48 o grupo Cantigas e Agarimos representa Os vellos non deben de namorarse ou A serpe e A revolta de Marinhas del Valle. Nos 50 pódense distinguir dúas liñas:
Teatro de preguerra, experimentalismo simbolista ensaiado por Pedrayo ou o grupo dos “novos”.
Fórmulas que enlazan a renovación de preguerra co esforzo de novas promocións de teatro independente.
Ricardo CARBALLO CALERO.
O fillo, Farsa de zocas, A árbore, Auto do prisioneiro, A sombra de Orfeu. Estrutura e variedade de conflitos humanos de gran riqueza. Sobre todo