Etapas da Primeira Guerra Mundial: Movementos e Posicións
Ten tres etapas:
Guerra de movementos
A idea dos países que loitaban era unha guerra rápida: acabar nunhas semanas. Os países tiñan un plan. O alemán era o Plan Schlieffen. O problema de Alemaña era a súa situación xeográfica (Rusia por un lado e Francia por outro, ambos inimigos). Quere evitar loitar cos dous bandos á vez. Pensaban atacar Francia antes, xa que crían que Rusia aínda tardaría en mobilizar os seus exércitos, e para cando este estivese listo, eles xa acabarían con Francia. O plan estaba elaborado por Alfred von Schlieffen, pero xa o fixeran en 1905, non fora creado unicamente para a guerra. O xeneral que dirixe o exército alemán é Moltke.
O plan francés chámase Plan XVII. Planean esperar a Alemaña en Alsacia e Lorena. O xeneral en xefe é Joffre. Cando Alemaña se decata de por onde queren entrar, Joffre move moi rápido o exército e lévaos ao norte. Francia consegue parar a Alemaña; páranos no río Marne. Frente estabilizado.
Aquí danse conta de que a guerra vai ser longa e que só o que teña maior potencial económico vai gañar.
Acaba a guerra de movementos e en 1914 comeza a guerra de posicións.
Guerra de posicións (1915-1916)
Ata este momento, como había armas menores, non era tan grave. Agora, coa innovación de armas, a guerra vai ser extrema. Tecnicamente os bandos están igualados. Os exércitos na fronte occidental quedan atrincheirados, o que vai ser unha tumba de soldados.
Fronte occidental durante a guerra de posicións
- Estabilízanse as frontes. As defensivas que fan desde as trincheiras só serven para matar, non para avanzar.
- En 1915 súmase aos aliados Italia. Esta reclama a Austria os seguintes territorios: Trentino, o Tirol meridional, Trieste, Istria e parte de Dalmacia (Dinamarca). Italia, cando comeza a guerra, aproveita o enfrontamento e declárase neutral. Aos aliados vénlles ben ter a Italia, pois desde alí teñen mellores accesos, así que para que se una a eles prométenlle eses territorios (se gañan) no Tratado de Londres. Italia acepta e en 1915 cambia de bando: agora loita contra Austria-Hungría.
- Grandes ofensivas da fronte occidental neste período (dúas grandes batallas):
- Batalla de Verdún: dura case un ano. Hai 600.000 mortos e non rompen as trincheiras. É unha ofensiva alemá (atacan os alemáns).
- Batalla do Somme: dura entre 3 e 4 meses. É unha ofensiva francesa con practicamente os mesmos mortos.
Resultado: empate.
Fronte oriental durante a guerra de posicións
- Alemaña avanza, ocupa Polonia e ocupa Lituania.
- Austria conquista Serbia e Galitzia (Polonia).
- Bulgaria entra na guerra cos imperios centrais.
- Rumanía ponse cos aliados (derroita) e é invadida polos imperios centrais.
Guerra submarina
É entre Alemaña e Gran Bretaña. A primeira invade por mar, usando por primeira vez os submarinos. Barco que se achegue a Gran Bretaña, Alemaña desfaino. Gran Bretaña só se abastece por mar. Os Estados Unidos son neutrais, pero axudan economicamente aos aliados con armas e comida. Había gran tráfico de barcos de EEUU a Gran Bretaña. Alemaña afunde moitos barcos de EEUU, e este lanza varios avisos a Alemaña, pero non fan caso. A gota que colma o vaso é o afundimento do Lusitania en 1917. Aí entra EEUU en guerra con Alemaña e pásase entón ao bando dos aliados.