Cantigas medievales galego-portuguesas: cantigas de amor, de amigo e recursos poéticos

Gaztelania4,09 KB

Cantigas medievales galego-portuguesas

As cantigas de amor

A cantiga de amor é un tipo de composición literaria da Idade Media, propia da poesía galego-portuguesa medieval. Deriva da canso da literatura trovadoresca en occitano. É unha composición centrada no tema do amor cortés; fala da paixón amorosa dun cabaleiro pola súa dama (ou señor), que case nunca é correspondida, e que debe gardar en segredo a identidade da súa dama (senhor).

Desde o punto de vista métrico, adoita ter a estrutura propia da chamada cantiga de tres: 4 estrofas de 7 versos octosílabos ou decasílabos, coa estrutura abbaccb, abbacca, ababccа, ababccb. Tén unha gran importancia o vilancico.

As cantigas de amigo

Na lírica medieval galego-portuguesa, a cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta na boca dunha moza namorada. Debe o seu nome a que na maior parte das aparicións a palabra amigo aparece no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller que fala nas súas cantigas do seu amigo, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta literatura pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 cantigas deste tipo (paralelismo, leixaprén e refrán).

A voz poética é a dunha rapaza nova que relata as súas vivencias amorosas, xa nun monólogo, xa nun diálogo coas súas amigas, irmás ou mesmo coa nai.

Subtipos das cantigas de amigo

  1. Barcarolas ou mariñas: sitúanse en presenza do mar, que adquire certa personalización ao dirixirse a el a amiga como confidente seu.

  2. Cantigas da romaría: a amiga está nun santuario, ermida ou capela, lugar de reunión que serve de pretexto para o encontro dos namorados. Este contexto é exclusivo da literatura galego-portuguesa.

  3. Bailadas: composicións alegres e festivas nas que se realiza unha invitación á danza.

  4. Albas ou alboradas: separación dos amantes ao amencer.

Adxectivos especificativos e explicativos

Os adxectivos especificativos expresan unha cualidade non propia do substantivo.

Os adxectivos explicativos din características propias.

Graos do adxectivo

Os adxectivos poden presentar tres graos:

  • Igualdade: coma (pron. pers.), como (forma verbal), tan... como.
  • Superioridade e inferioridade: ca (pron. pers.), do que (forma verbal), ca, que, outros.

Estrutura: 1.º termo: adverbio + adxectivo en grao positivo; 2.º termo: elemento de comparación.

PositivoComparativoSuperlativo
bo, boamelloróptimo
malo, malapeorpésimo
grandemaiormáximo
pequenomenormínimo
altosuperiorsupremo
baixoinferiorínfimo

Recursos das cantigas de amor

  • O dobre: repetición dunha palabra unha ou máis veces, dentro dunha mesma cobra e sempre na mesma posición.
  • O mordobre: repetición dunha palabra con variacións morfolóxicas nunha cobra e na mesma posición.
  • Ata fiinda: o verso final dunha cobra completa o seu sentido no verso inicial da seguinte.
  • Fiinda: conclusión en 2 ou 3 versos que resume o sentido xeral da cantiga.

Deskargatu

PDF Word HTML